domingo, 14 de abril de 2013

FROITAS NO COLE

Un ano máis o noso cole participa no PROGRAMA DE FROITAS PARA ESCOLARES. Na nosa clase está a ter un ÉXITO increible!!!
Aquí deixo unhas fotos de divertidos postres que poden animar aos pequenos a comer froita.

Aquí tedes unha receita para facer un simpático reloxo de froitas. Animádevos a facelo nas casas e bo proveito!

martes, 9 de abril de 2013

A LIBRETA VIAXEIRA!!!

Fai poucos días chegou á nosa clase a LIBRETA VIAXEIRA!!!!. Pronto a veredes polas vosas casas xa que visitará todas e cada unha delas.
É unha libreta na que cada un dos nenos e nenas poderá escribir o que lle apeteza, cousas bonitas, agradables, historias reais ou imaxinaria.... logo as compartiremos co resto da clase.
Todos firmamos o compromiso de coidala e tratala ben!!!
Queremos dar as grazas a SANDRA, a mamá de EVA, por facernos esa maravillosa bolsiña para levala e poder mantela en moi bo estado. É preciosa Sandra!!!



Make your own photo slideshow at Animoto.

Día da MULLER TRABALLADORA. O noso traballo.

O pasado 8 de marzo celebramos o día da Muller Traballadora.
Éste é o traballo que fixemos todos os nenos e nenas da clase!! Aprendemos moito sobre diferentes mulleres que lograron cousas moi importantes. Queredes velo???

martes, 19 de febrero de 2013

Este ano todo o cole adicamos o carnaval aos POLOS!! Os nenos e nenas do 1º ciclo eleximos aos OSOS POLARES. Na nosa clase investigamos moito sobre eles e ata fixemos o NOSO PROPIO ÁRTICO. Queredes velo???


Paula's Slidely from Paula Peinado Rodríguez on Slide.ly.

jueves, 31 de enero de 2013

Os animais



Estamos aprendendo moito sobre os animais.
Dividímonos en grupos para buscar información sobre moitas cousas . Como nacen? que comen? onde viven?como se desprazan..?

Queredes practicar ????


Xogamos cos animais

Velaí tedes as fotos de todo o noso traballo!!!!



martes, 29 de enero de 2013

O RELOXO

Na clase de matemáticas estivemos aprendendo as horas no reloxo analóxico e no dixital.Fixemos uns reloxos de cartolina e os levamos para as nosas casas. Quedáronnos moi bonitos!!!!Na pizarra dixital realizamos un montón de exercicios para aprender as horas. 
Aquí  deixo o enlace para que poidades seguir practicando nas vosas casas:   PARA TRABALLAR AS HORAS