domingo, 14 de abril de 2013

FROITAS NO COLE

Un ano máis o noso cole participa no PROGRAMA DE FROITAS PARA ESCOLARES. Na nosa clase está a ter un ÉXITO increible!!!
Aquí deixo unhas fotos de divertidos postres que poden animar aos pequenos a comer froita.

Aquí tedes unha receita para facer un simpático reloxo de froitas. Animádevos a facelo nas casas e bo proveito!

martes, 9 de abril de 2013

A LIBRETA VIAXEIRA!!!

Fai poucos días chegou á nosa clase a LIBRETA VIAXEIRA!!!!. Pronto a veredes polas vosas casas xa que visitará todas e cada unha delas.
É unha libreta na que cada un dos nenos e nenas poderá escribir o que lle apeteza, cousas bonitas, agradables, historias reais ou imaxinaria.... logo as compartiremos co resto da clase.
Todos firmamos o compromiso de coidala e tratala ben!!!
Queremos dar as grazas a SANDRA, a mamá de EVA, por facernos esa maravillosa bolsiña para levala e poder mantela en moi bo estado. É preciosa Sandra!!!



Make your own photo slideshow at Animoto.

Día da MULLER TRABALLADORA. O noso traballo.

O pasado 8 de marzo celebramos o día da Muller Traballadora.
Éste é o traballo que fixemos todos os nenos e nenas da clase!! Aprendemos moito sobre diferentes mulleres que lograron cousas moi importantes. Queredes velo???